Tuesday 14 de May de 2024

Os nenos e nenas do Campomaior visitan ‘Galicia Máxica’


Un bo número de rapaces e rapazas acudiron hoxe ao Museo do Traxe Juanjo Liñares para ver a exposición fotográfica ‘Galicia Máxica’. Trátase de alumnos e alumnas de quinto curso de primaria do colexio Campomaior que, a través das fotografías de Gustav Henningsen, puideron coñecer como eran as parroquias e o contorno de Ordes, as súas xentes, os costumes, o modo de vida etc na década dos 60.